5-Metilcitosina | |
---|---|
4-amino-5-metil-3H-pirimidin-2-ona | |
Identificadores | |
Número CAS | 554-01-8 |
PubChem | 65040 |
ChemSpider | 58551 |
UNII | 6R795CQT4H |
KEGG | C02376 |
MeSH | 5-Methylcytosine |
ChEBI | CHEBI:27551 |
Imaxes 3D Jmol | Image 1 Image 2 |
| |
| |
Propiedades | |
Fórmula molecular | C5H7N3O |
Masa molar | 125,13 g mol−1 |
Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa. |
A 5-metilcitosina é unha forma metilada da base nitroxenada citosina, que pode estar implicada na regulación da transcrición de xenes. Cando a citosina está metilada, o ADN mantén a mesma secuencia de nucleótidos, pero a expresión de xenes metilados pode ser alterada (como estuda a epixenética). A 5-metilcitosina é incorporada no nucleósido 5-metilcitidina.
Na 5-metilcitosina, un grupo metilo está unido ao 5º átomo do anel de 6 átomos (cóntase en sentido contrario dos punteiros do reloxio desde o nitróxeno do NH na posición das 6 horas en punto, non das 2 en punto). Este grupo metilo distingue a 5-metilcitosina da citosina.