A-1 Autovía do Norte | |
---|---|
Tipoloxía | Autovía |
Ruta europea | |
Lonxitude | 371 km |
Localización | |
Inicio | Madrid |
Fin | Irún (Guipúscoa) |
A Autovía do Norte ou A-1 é unha das seis autovías radiais coas que conta España. Na Rede de Estradas Europeas ten a denominación E-05. O tramo que discorre por Guipúscoa mantén a antiga denominación de N-I. Ten unha lonxitude de 371 km entre Madrid e Irún.
Polo seu trazado, é unha das vías de comunicacións máis transitadas do país, xa que é un dos principais eixos norte-sur. Debido a isto, boa parte do tráfico procedente de Europa Occidental discorre por esta vía.