A-8

A-8 / AP-8
Autovía do Cantábrico
Autoestrada do Cantábrico
Entrada en Galicia tras cruzar a ría de Ribadeo pola Ponte dos Santos.
TipoloxíaAutovía
RedeRede de estradas do Estado
Rede de estradas de Biscaia
Rede de estradas de Guipúscoa
Ruta europea
Lonxitude602 km
Localización
InicioFronteira francesa (Irún)
FinBaamonde

A autovía do Cantábrico (A-8) e autoestrada do Cantábrico (AP-8) é unha vía terrestre de dobre calzada e sentido que se estende ao longo do norte de España paralela á costa do mar Cantábrico que comeza en Bilbao na unión da AP-8 coa AP-68 e remata en Baamonde (provincia de Lugo) onde liga coa A-6. Ten unha lonxitude de 486 quilómetros. Na Rede de Estradas Europeas ten a denominación E-70.

A partir de Bilbao a autoestrada AP-8 pasa a denominarse A-8 (non ten peaxe) e continúa cara a Galicia pasando por Santander, Xixón e Avilés, na rolda de Xixón conecta coa AS-I (autovía Mineira) que comunica con Langreu, Mieres e León. Tamén na circunvalación xixonesa conecta coa AS-II (autovía Industrial) novo eixo de comunicación entre Xixón e Oviedo. Nos arredores de Xixón está o nó de Serín que conecta coa A-66 en dirección Oviedo e León. Fai a circunvalación de Navia e atravesa a ría de Ribadeo pola ponte dos Santos. En Vilalba liga coa autoestrada Vilalba-As Pontes-Ferrol. Termina en Baamonde desembocando na A-6 entre A Coruña e Lugo.


A-8

Dodaje.pl - Ogłoszenia lokalne