AG-58 Autovía de acceso a Cacheiras | |
---|---|
Tipoloxía | Autoestrada de peaxe na sombra |
Rede | Rede de estradas de Galicia |
Lonxitude | 1,4 km |
Localización | |
Inicio | AG-59 (saída 1) |
Fin | AC-841 Cacheiras |
A autovía de acceso a Cacheiras, é unha autovía autonómica galega, AG-58, comeza na autovía AG-59 e chega até Cacheiras logo duns 1,4 quilómetros. Está limitada a 100 km/h por se tratar dun pequeno tramo de 1,4 quilómetros.
Foi inaugurada a comezos do ano 2008, tras máis de dous anos de obras, que empezaran en maio do ano 2005.[1]
Denominación | Tramo | Quilómetros | Ano servizo |
---|---|---|---|
AG-58 | AG-59 Tras do Eixo - AC-841 Cacheiras | 1,4 | 2008 |