Our website is made possible by displaying online advertisements to our visitors.
Please consider supporting us by disabling your ad blocker.

Responsive image


Adenosilcobalamina

Adenosilcobalamina
Datos clínicos
Rutas de
administración
Oral
Código ATC
Identificadores
Número CAS
Datos químicos e físicos
FórmulaC72H100CoN18O17P
Aviso médico.
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

A adenosilcobalamina (AdoCbl), tamén chamada coencima B12, cobamamida e dibencozide, é, xunto coa metilcobalamina (MeCbl), unha das formas bioloxicamente activas da vitamina B12.[1]

A adenosilcobalamina participa como cofactor en rearranxos dos esqueletos moleculares mediados por radicais. Estes procesos requiren a formación do radical desoxiadenosil por disociación homolítica do enlace carbono-cobalto. Este enlace é excepcionalmente feble, cunha enerxía de disociación do enlace de 31 kcal/mol, o cal diminúe aínda máis no ambiente químico do sitio activo dun encima.[2] Un encima que utiliza a adenosilcobalamina como cofactor é a metilmalonil-CoA mutase (MCM).

Estudouse o papel da adenosilcobalamina na regulación da expresión dalgúns xenes bacterianos. Ao unirse ao factor de transcrición CarH, a adenosilcobalamina pode modular os xenes para a biosíntese de carotenoides, que lle dan cores cálidas a varias plantas. A transcrición destes xenes é activada pola luz solar debido á adenosilcobalamina.[3] Ademais do CarH hai outros fotorreceptores en diferentes comunidades bacterianas, que tamén teñen capacidade reactiva cando se unen á adenosilcobalamina. Por exemplo, o AerR é outro factor que usa a adenosilcobalamina para dar lugar a unha pigmentación púrpura. Un exame adicional dos encimas que se unen á adenosilcobalamina e o desenvolvemento deste cofactor proba que ten unha función reguladora da expresión do ADN e ARN.[4]

  1. Marsh EN, Meléndez GD (novembro 2012). "Adenosylcobalamin enzymes: theory and experiment begin to converge". Biochimica et Biophysica Acta (BBA) - Proteins and Proteomics 1824 (11): 1154–64. PMC 3580769. PMID 22516318. doi:10.1016/j.bbapap.2012.03.012. 
  2. Kräutler, Bernhard; Arigoni, Duilio; Golding, Bernard T (1998). Vitamin B12 and B12-proteins : lectures presented at the 4th European Symposium on Vitamin B12 and B12-Proteins. Weinheim: Wiley-VCH. ISBN 9783527612192. OCLC 212131311. 
  3. Jost, Marco (1 de abril de 2015). "An Old Cofactor in a New Light: Adenosylcobalamin in Light-Dependent Gene Regulation". The FASEB Journal 29. doi:10.1096/fasebj.29.1_supplement.573.25. 
  4. Chemaly, Susan M. (30 June 2016). "New light on vitamin B12: The adenosylcobalamin-dependent photoreceptor protein CarH". EBSCO Host. 

Previous Page Next Page