Un adozante[1] ou edulcorante é unha substancia que se emprega para proporcionar un sabor doce ós alimentos. O máis empregado de todos é a sacarosa (o azucre común). Outros edulcorantes, son a sacarina, aspartamo, ciclamato, sorbitol, taumatina . . ., de natureza química moi diversa e que en moitos casos pouco ten que ver coa da sacarosa, o prototipo dos azucres naturais. As moléculas dotadas de poder adozante son moi numerosas.