Agrobacterium

Agrobacterium é un xénero de bacterias gramnegativas establecido por H. J. Conn en 1942, cuxa característica máis importante é que utiliza a transferencia horizontal de xenes para causar tumores en plantas e é utilizado en biotecnoloxía. Agrobacterium tumefaciens (hoxe chamada Rhizobium radiobacter) é a especie mellor estudada do xénero. Agrobacterium ten a capacidade de transferir ADN ás plantas, polo que se converteu nunha ferramenta moi importante en enxeñaría xenética de plantas.

En realidade, na taxonomía actual o xénero Agrobacterium desaparecería como tal, debido a unha profunda reclasificación proposta das súas especies. A razón é que o xénero Agrobacterium é bastante heteroxéneo. Os estudos taxonómicos modernos fixeron que houbese que reclasificar a totalidade das especies de Agrobacterium, algunhas en novos xéneros como Ahrensia, Pseudorhodobacter, Ruegeria, e Stappia,[1][2] pero a maioría foron reclasificadas dentro do xénero Rhizobium,[3] aínda que non sen controversia.[4][5]

As bacterias do xénero Agrobacterium son móbiles, a maioría aerobias estritas, teñen unha capacidade moi estendida de utilizar glícidos. A súa temperatura óptima de crecemento é de 24 a 28 °C. Nestas condicións e nun medio de cultivo moi favorable, o seu tempo de xeración é duns 120 minutos. Resisten moi ben as carencias, e nos medios pobres poden tamén sobrevivir varias semanas en auga pura a 4 °C. Resisten os sales de telurio, e a numerosos antibióticos beta-lactámicos.

  1. Uchino Y, Yokota A, Sugiyama J. (1997). "Phylogenetic position of the marine subdivision of Agrobacterium species based on 16S rRNA sequence analysis". J. Gen. Appl. Microbiol. 43 (4): 243–247. PMID 12501326. doi:10.2323/jgam.43.243. 
  2. Uchino Y, Hirata A, Yokota A, Sugiyama J. (1998). "Reclassification of marine Agrobacterium species: proposals of Stappia stellulata gen. nov., comb. nov., Stappia aggregata sp. nov., nom. rev., Ruegeria atlantica gen. nov., comb. nov., Ruegeria gelatinovora comb. nov., Ruegeria algicola comb. nov., and Ahrensia kieliense gen. nov., sp. nov., nom. rev". J. Gen. Appl. Microbiol. 44 (3): 201–210. PMID 12501429. doi:10.2323/jgam.44.201. 
  3. Young JM, Kuykendall LD, Martínez-Romero E, Kerr A, Sawada H. (2001). "A revision of Rhizobium Frank 1889, with an amended description of the genus and the inclusion of al species of Agrobacterium Conn 1942 and Allorhizobium undicola de Lajudie et al. 1998 como novas combinacións: Rhizobium radiobacter, R. rhizogenes, R. rubi, R. undicola e R. vitis.". Int J Syst Evol Microbiol 51 (1): 89–103. PMID 11211278. doi:10.1099/00207713-51-1-89. Arquivado dende o orixinal o 05 de setembro de 2009. Consultado o 30 de agosto de 2014. 
  4. Farrand SK, Van Berkum PB, Oger P. (2003). "Agrobacterium is a definable genus of the family Rhizobiaceae.". Int J Syst Evol Microbiol 53 (5): 1681–1687. PMID 13130068. doi:10.1099/ijs.0.02445-0. 
  5. Young JM, Kuykendall LD, Martínez-Romero E, Kerr A, Sawada H. (2003). "Classification and nomenclature of Agrobacterium and Rhizobium—a reply to Farrand et al. (2003).". Int J Syst Evol Microbiol 53 (5): 1689–1695. PMID 13130069. doi:10.1099/ijs.0.02762-0. Arquivado dende o orixinal o 10 de maio de 2010. Consultado o 30 de agosto de 2014. 

Agrobacterium

Dodaje.pl - Ogłoszenia lokalne