Aitzina! | |
---|---|
Tipo | organización xuvenil |
Ideoloxía | esquerda abertzale e Euskaltzaletasun |
Data de fundación | 2013 |
Data de disolución | 5 de outubro de 2020 |
Sede | Baiona |
Na rede | |
http://www.aitzina.eus/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Aitzina! ('Adiante!' en éuscaro) é unha organización política xuvenil encadrada na esquerda abertzale. Ten como ámbito de actuación Iparralde. O seu obxectivo é loitar por «unha Euskal Herria soberana e unha sociedade máis xusta e igualitaria».[1] Aitzina! naceu en Baiona (Lapurdi) en novembro de 2013, tras un proceso de confluencia da mocidade abertzale nos territorios vascos integrados no Estado francés: Lapurdi, Baixa Navarra e Zuberoa. Unha das súas principais reivindicacións é a oficialidade do éuscaro e a súa promoción e uso na vida pública.
Á presentación pública acudiu Filipe Bidart, líder histórico da esquerda abertzale en Francia, así como representantes de Ernai, a súa organización homóloga en Euskadi e Navarra.[2]