Dominio en folla beta C-terminal da alfa-amilase |
---|
![](//upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/5/57/PDB_1rp8_EBI.jpg/220px-PDB_1rp8_EBI.jpg) Estrutura cristalina do mutante inactivo d180a do isocima 1 (amy1) da alfa-amilase de cebada en complexo con maltoheptaosa |
Identificadores |
---|
Símbolo | Alpha-amyl_C2 |
---|
Pfam | PF07821 |
---|
InterPro | IPR012850 |
---|
|
A α-amilase (alfa-amilase, EC 3.2.1.1; nome sistemático 4-α-D-glucano glucanohidrolase) é un encima que hidroliza enlaces glicosídicos α de polisacáridos grandes con enlaces α, como o amidón e o glicóxeno, rendendo polisacáridos de cadeas máis curtas, dextrinas e maltosa, segundo o seguinte proceso bioquímico:[2]
- Endohidrólise de enlaces glicosídicos (1→4)-α-D en polisacáridos que conteñen tres ou máis unidades de D-glicosa con enlaces (1→4)-α
É a principal forma de amilase que se encontra en humanos e outros mamíferos.[3] Tamén está presente en sementes que conteñen amidón como reserva alimenticia e segrégana moitos fungos. É un membro da familia da glicosa hidrolase 13.
- ↑ Ramasubbu N, Paloth V, Luo Y, Brayer GD, Levine MJ (maio de 1996). "Structure of human salivary α-amylase at 1.6 Å resolution: implications for its role in the oral cavity". Acta Crystallographica D 52 (Pt 3): 435–46. PMID 15299664. doi:10.1107/S0907444995014119.
- ↑ Kierulf P. "Amylase". Store Medisinske Leksikon. Store Norske Leksikon. Consultado o 24 de xaneiro de 2021.
- ↑ Voet D, Voet JG (2005). Biochimie (2ª ed.). Bruxelles: De Boeck. pp. 1583.