En química analítica, analito[1] é un compoñente (elemento, composto ou ión) de interese analítico presente nunha mostra que se separa da matriz. É unha especie química cuxa presenza ou contido se desexa coñecer, é identificable e cuantificable, por medio dun proceso de medición química.[2]
En metroloxía química constitúe un tipo particular de mensurando, que é unha magnitude, a cantidade do obxecto de medida; é dicir, a concentración de analito, a porción que se somete a cuantificación, previa comparación cun padrón que achega a información requirida.[3]
En conxunto cos elementos intanxibles, o analito e o mensurando son necesarios para a definición e a solución do problema analítico. Os elementos intanxibles requiren planificación do deseño, a súa evolución e corrección.
A información que se obtén da mostra de analito pode ser:
Nunha análise química pódese medir un só analito ou varios.[4][5]
O analito que se determina nunha mostra pode ser de natureza inorgánica, orgánica ou bioquímica. Segundo a súa concentración na mostra, clasifícase como macrocompoñente (máis do 1%), microcompoñente (entre o 0,01% e o 0,1%) ou trazas (menos do 0,01%).
Para levar a cabo a análise química da mostra poden utilizarse distintos procedementos, tales como o método electroanalítico ou os métodos espectrométricos.