A apramicina (tamén coñecida como Nebramycin II ou Apralan) é un antibiótico do grupo dos aminoglicósidos, que se utiliza en veterinaria, pero non en medicina humana. Está formada por dous residuos de azucre e unha desoxiestreptamina monosubstituída [1]. Prodúceo a bacteria Streptomyces tenebrarius [2]. Está indicada para o tratamento de diversas infeccións por bacterias gramnegativas en animais, como coliformes ou salmonelas [3]. Na Unión Europea está permitida para tratar a porcos, vacas, coellos e polos, pero non para tratar animais que produzan leite ou ovos para consumo humano.