Arabella | |
---|---|
Forma | Ópera |
Actos e escenas | 3 actos |
Idioma orixinal do libreto | Alemán |
Libretista | Hugo von Hofmannsthal |
Fontes literarias | Baseado en parte na súa novela Lucidor (1910)[1] |
Estrea | 1 de xullo de 1933 |
Teatro da estrea | Semperoper |
Lugar da estrea | Dresden |
Duración | 2 horas 30 minutos |
Música | |
Compositor | Richard Strauss |
Personaxes | |
Arabella é unha ópera en tres actos co música de Richard Strauss e libreto en alemán de Hugo von Hofmannsthal (baseada en parte na súa propia novela de 1910 Lucidor), sendo a súa sexta e última colaboración operística. É unha comedia lírica que transcorre nun ambiente de decadencia.
Tivo a súa estrea no Semperoper de Dresden baixo a batuta de Clemens Krauss o 1 de xullo de 1933. A dona de Krauss, a soprano Vioreca Ursuleac interpretou o papel principal.