Asteroids

Asteroids
Xogo de Asteroids
Desenvolvedor(es)Atari, Inc.
Distribuidora(s)Atari, Inc.
Deseñador(es)Lyle Rains
Ed Logg
Dominic Walsh
LanzamentoArcade: novembro de 1979
XéneroTirador en dirección múltiple
Modos de xogoUn xogador e multixogador
Plataforma(s)Arcade e varios
Na rede
http://atari.com/arcade#!/arcade/asteroids/
IMDB: tt0296997 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Asteroids é un videoxogo arcade de tiros no espazo que foi lanzado en novembro de 1979[1] por Atari, Inc. e deseñado por Lyle Rains, Ed Logg e Dominic Walsh. O xogador controla unha nave espacial nun campo de asteroides que periodicamente é atravesado por discos voadores. O obxectivo do xogo é disparar e destruír os asteroides e os discos evitando colidir con eles e os disparos inimigos. O xogo incrementa a súa dificultade conforme medra o número de asteroides.

Asteroids foi un dos meirandes éxitos da Idade de Ouro dos arcades. O xogo vendeu máis de 70 000 máquinas recreativas, sendo moi popular entre os xogadores e moi influente nos desenvolvedores de videoxogos. Dende entón, foi adaptado a múltiples plataformas. Asteroids foi amplamente imitado e influíu directamente en xogos como Defender,[2] Gravitar, e moitos outros.

  1. Atari, ed. (1999). "Production Numbers" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 10 de maio de 2013. Consultado o 19 de marzo de 2012. 
  2. Imagine Publishing, ed. (outubro de 2008). "The Making of Defender" (55): 34–39. 

Asteroids

Dodaje.pl - Ogłoszenia lokalne