Babor

Babor e estribor.
Os buques e aeronaves indican babor e estribor coas luces en cores vermella e verde respectivamente segundo a normativa internacional.

Babor, couso ou couce é como se designa o costado esquerdo dun buque ou nave en sentido lonxitudinal popa/proa mirando á proa. Tanto Estribor coma Babor son expresións e termos náuticos empregados tanto en naves náuticas como aéreas.

Empréganse as palabras específicas babor e estribor en vez de esquerda e dereita para evitar confusións xa que para cada persoa a dereita e a esquerda serían orientacións subxectivas dependendo do movemento adiante e atrás, mentres que ao referirse ao buque non existe tal confusión, a proa e a popa están sempre na mesma orientación lonxitudinal.

En normativa internacional empregan os buques e aeronaves as cores vermello para babor e verde para estribor para as luces cando é de noite.

Unha regra mnemotécnica moi sinxela para lembrar facilmente cal é babor e estribor é lembrar que en terra dise: dereita/esquerda. No mar é ao revés: esquerda/dereita -> babor/estribor.


Babor

Dodaje.pl - Ogłoszenia lokalne