Nome completo | |
---|---|
Bandeira | Francia |
Baseada en | Módena Italia |
Tempadas en activo | 1959-1960 |
Número de pilotos | Jean Behra Maria Teresa de Filippis Masten Gregory Fred Gamble |
Debut | Gran Premio de Mónaco de 1959 |
Carreiras | 3 (2 saídas) |
Campionatos de Construtores | 0 |
Campionatos de Pilotos | 0 |
Vitorias | 0 |
Pole positions | 0 |
Voltas Rápidas | 0 |
Puntos totais | 0 |
Derradeiro GP | Gran Premio de Italia de 1960 |
"Behra-Porsche" foi un construtor de Fórmula Un que participou en catro grandes premios do campionato do mundo durante as tempadas de 1959 e 1960. Comezou e terminou dúas carreiras, ambas na tempada 1960, pero non logrou ningún punto no campionato.
Jean Behra foi un consagrado piloto de carreiras francés, que a finais dos anos 1950 era un habitual do paddock de Fórmula Un. Alcanzara éxito anteriormente na década co equipo Maserati, pero foi contratado a Scuderia Ferrari (Ferrari) para a tempada 1959.[1] Malia súas obrigación con Ferrari, Behra encargou a Porsche construír un monopraza de Fórmula 2, tomando compoñentes do Porsche 718 'RSK'. O chasis do coche fora deseñado polo ex enxeñeiro Maserati Valerio Colotti, que posteriormente adaptouno para podelo utilizar cos compoñentes do 718 RSK. O vehículo foi nomeado "Behra-Porsche" e pintado na cor Azul Francia da patria do francés.[1]
O coche fixo a súa presentación no Gran Premio de Mónaco de 1959, coa boa amiga de Behra María Teresa de Filippis ao volante. De Filippis non puido cualificar, e o coche non iniciou a carreira.[1][2]
Tralo Gran Premio de Francia de 1959, Behra foi despedido do equipo de Ferrari tras un altercado co director do equipo.[3] Isto significou, que Behra puido competir co seu propio Behra-Porsche no seguinte Gran Premio de Alemaña.[1]
O Gran Premio de Alemaña foi o único que se celebrou no circuíto de AVUS en Berlín. Behra non só participaba no Behra-Porsche no Gran Premio, tamén participaba co seu RSK sportscar nunha carreira de apoio. Foi nesta carreira o 1 de agosto de 1959 xusto antes do Gran Premio, na que Behra morreu, trompeou sobre a cima do infame peralte do AVUS saíndo despedido do seu vehículo. Behra golpeou unha hasta da bandeira e caeu ao chan, fracturando o cranio e rompendo moitas costelas. Morreu no impacto.[4]
Logo da morte de Behra, o Behra-Porsche foi adquirido por Lloyd Casner para o equipo de Casner Motor Racing. A primeira das dúas saídas do Behra-Porsche en 1960 foi no Gran Premio da Arxentina o 7 de febreiro de 1960 pilotado por Masten Gregory (Estados Unidos), que terminou 12º na carreira, 4 voltas detrás do líder.[5] Cara á segunda metade da tempada, Fred Gamble converteuse no último piloto en pilotar o Behra-Porsche nun Gran Premio do Campionato do Mundo. O Gran Premio de Italia, que destacou por un boicot dos tres equipos británicos, Gamble ocupou o décimo lugar. Foi o último a 9 voltas do gañador.[6]