Beta-amiloide | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estrutura parcialmente pregada do beta-amiloide(1 40) en ambiente acuoso (pdb 2lfm)[1] | |||||||||
Identificadores | |||||||||
Símbolo | APP | ||||||||
Pfam | PF03494 | ||||||||
InterPro | IPR013803 | ||||||||
SCOPe | 2lfm / SUPFAM | ||||||||
TCDB | 1.C.50 | ||||||||
OPM superfamily | 369 | ||||||||
OPM protein | 2y3k | ||||||||
|
Procesamento da proteína precursora amiloide | |
proteína precursora do amiloide-beta (A4) (peptidase nexina-II, enfermidade de Alzheimer)
| |
Identificadores | |
Símbolo | APP |
Símbolos alt. | AD1 |
Entrez | 351 |
HUGO | 620 |
OMIM | |
RefSeq | NM_000484 |
UniProt | P05067 |
Outros datos | |
Locus | Cr. 21 q21.2 |
Beta-amiloide ou amiloide-beta (Aβ ou Abeta) é o termo con que se designan os péptidos de 36 a 43 aminoácidos que están implicados de forma fundamental na enfermidade de Alzheimer como principais compoñentes das placas amiloides que se encontran nos cerebros dos pacientes de dita doenza. Os péptidos orixínanse a partir da proteína precursora amiloide (APP), a cal é cortada por certos encimas dando lugar aos péptidos Aβ. As moléculas de Aβ poden agregarse para formar oligómeros flexibles solubles, dos que existen varias formas. Crese que certos oligómeros incorrectamente pregados (coñecidos como "sementes") poden inducir a outras moléculas de Aβ a adoptaren a forma oligomérica incorrecta, orixinando unha reacción en cadea similar á producida por unha infección de prións. As sementes ou as placas amiloides resultantes son tóxicas para as células nerviosas. Outra proteína implicada na enfermidade de Alzheimer, a proteína tau, tamén forma este tipo de oligómeros incorrectamente pregados ao estilo dos prións (ver nobelo neurofibrilar), e hai algunhas probas de que o Aβ mal pregado pode inducir o pregamento incorrecto de tau.[2]
Un estudo recente suxeriu que a APP e o seu potencial amiloide ten orixes antigos, que se poden datar ao momento da aparición dos primeiros animais deuteróstomos.[3]
<ref>
non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome Vivekanandan_2011