Calahonda é unha localidade española pertencente á entidade local autónoma de Carchuna-Calahonda, no concello de Motril, provincia de Granada (Andalucía). Tiña en 2016 unha poboación de 1.668 habitantes.
Está situada na parte central da comarca da Costa Granadina en pleno cabo Sacratif, sendo a localidade máis meridional de toda a provincia de Granada. Os núcleos máis próximos son La Perla, Carchuna, La Chucha e Castell de Ferro.