Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
As catas ou calicatas (do latín CALAR (do lat. chalāre) "penetrar, atravesar"; e CATA (do gr. κατα), "cara a abaixo") son unha das técnicas de prospección empregadas para facilitar o recoñecemento xeotécnico, estudos edafolóxicos ou pedolóxicos dun terreo. Son escavacións de pequena ou mediana profundidade realizadas normalmente con pa retroescavadora. Mais agrúpanse baixo este nome xenérico as escavacións de formas diversas (pozos, gabias, rozas etc.) que permiten unha observación directa do terreo. Este tipo de recoñecemento emprégase en:
As calicatas permiten a inspección directa do solo que se desexa estudar e, polo tanto, é o método de exploración que normalmente entrega a información máis confiable e completa. En solos con grava, a calicata é o único medio de exploración que pode entregar información confiable, e é un medio moi efectivo para exploración e mostraxe dun solo.
É necesario rexistrar a localización e elevación de cada pozo, que son numerados segundo a localización. Se un pozo programado non se executa, é preferible manter o número do pozo no rexistro como "non realizado" en vez de volver usar o número noutro lugar, para eliminar confusións. A profundidade está determinada polas esixencias da investigación, mais é dada, xeralmente, polo nivel freático.
A sección mínima recomendada é de 0,80 m por 1,00 m, co fin de permitir unha correcta inspección das paredes. O material escavado deberá depositarse na superficie en forma ordenada separado de acordo á profundidade e horizonte correspondente. Debe rexeitarse todo o material contaminado con solos de estratos diferentes. Deixaranse plataformas ou chanzos de 0,30 a 0,40 metros ao cambio de estrato, reducíndose a escavación. Isto permite unha superficie para efectuar a determinación da densidade do terreo. Deberase deixar polo menos unha das paredes o menos contaminada posíbel, de xeito que representen fielmente o perfil estratigráfico do pozo. En cada calicata deberase realizar unha descrición visual ou rexistro de estratigrafía comprometida.
As calicatas permiten:
A profundidade deste tipo de recoñecemento non adoita pasar dos 5 metros, aínda que en casos extremos pode alcanzar os 10 metros de profundidade. A dimensión mínima en planta, indicada pola norma N.T.E., é de 75 milímetros.
En determinados tipos de terreo, cando haxa persoal no seu interior realizando a manobra de toma de mostras, a calicata deberá ser entibada.