Na linguaxe de Internet, o catfishing é unha actividade na cal unha persoa crea un perfil falso para ser empregado nas redes sociais con fins perversas. Este termo foi empregado por vez primeira en 2012, a partir da emisión do documental Catfish.[2] O catfishing podería englobarse dentro do romance scam[3], tamén denominado fraude do amor por Internet, na que delincuentes suplantan a identidade virtual doutras persoas, empregando fotografías alleas, para establecer unha relación a través de Internet coas vítimas. A través desta relación, que pode xurdir de foros, páxinas de citas ou mesmo redes sociais comúns, os delincuentes tentan roubar información persoal e até mesmo cantidades económicas.[3]
Segundo algúns sociólogos, o desenvolvemento do catfishing podería ser unha forma de explorar a identidade sexual en Internet.[4] Por exemplo, no programa da MTV Catfish, baseado no documental do mesmo nome, unha rapaza chamada Sonny comezou a chatear cun modelo chamado Jamison, que finalmente resultou ser un perfil falso creado por Chelsea, unha rapaza que empregou unha identidade virtual alternativa para interactuar con outras mulleres en Internet.[4]