Charro! | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Charro! |
Director | Charles Marquis Warren |
Produtor | Charles Marquis Warren |
Guión | Charles Marquis Warren |
Baseado en | Historia de Frederick Louis Fox |
Intérpretes | |
Música | Hugo Montenegro |
Fotografía | Ellsworth Fredericks |
Montaxe | Al Clark |
Estudio | National General Pictures |
Distribuidora | National General Pictures |
Estrea | ![]() |
Duración | 98 minutos |
Orixe | ![]() |
Xénero | Wéstern |
Recadación | 1,5 millóns de dólares (só nos Estados Unidos e no Canadá)[2] |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Charro! é un filme estadounidense de 1969 dirixido, producido e escrito por Charles Marquis Warren. Está protagonizado por Elvis Presley e foi rodado no Apacheland Movie Ranch e Old Tucson Studios, en Arizona. Este foi o único filme de Presley no cal non cantou en pantalla, e tampouco contou con ningunha canción, agás o tema principal, que foi interpretado nos créditos iniciais.[3] Tamén foi o único filme no que Presley levou barba.[3] O filme foi adaptado á novela por Harry Whittington.[4][5]
Ina Balin, Victor French, Barbara Werle e Solomon Sturges forman parte do elenco. Foi o derradeiro filme do director Charles Marquis Warren.[3] Tamén foi o único filme de Presley distribuído por National General Pictures.[6] O filme obtivo beneficios, mais non foi un grande éxito, e segue a ser unha das películas menos vistas de Presley a pesar de ser considerada entre as súas mellores en canto a unha actuación "directa" (non musical).[3]