As claudinas son unha familia de proteínas que son os compoñentes máis importantes das unións herméticas, onde establecen a barreira paracelular que controla o fluxo de moléculas no espazo intercelular que hai entre as células pertencentes a un epitelio. Caracterízanse por ter catro dominios transmembrana, cos extremos N-terminal e C-terminal no citoplasma. Encóntranse en moitos organismos, desde nematodos a humanos.