Clickair | ||
---|---|---|
![]() | ||
IATA XG | OACI CLI | Indicativo CLICKJET |
Fundación | 2006 (como Catair) | |
Inicio das operacións | 1 de outubro do 2006 | |
Fin das operacións | 15 de xullo do 2009 | |
Frota | 26 | |
Destinos | 41 |
Clickair foi unha aeroliña de baixo custo con sede no Parc de Negocis Mas Blau en El Prat de Llobregat, preto de Barcelona. Clickair voou a uns 40 destinos europeos. A súa principal base atopábase no aeroporto de Barcelona, con bases en Málaga, Sevilla e Valencia. Clickair fusionouse con Vueling Airlines o 15 de xullo do 2009.