Cloroflexos | |||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Chloroflexus | |||||||
Clasificación científica | |||||||
| |||||||
Clases | |||||||
Sinonimia | |||||||
|
Os cloroflexos (Chloroflexi ou Chloroflexota), tamén chamadas Chlorobacteria (antes bacterias verdes non do xofre), son un filo de bacterias cunha gran diversidade de fenotipos, que inclúe membros aeróbicos termófilos, que usan o osíxeno e viven a altas temperaturas, e fotótrofos anoxixénicos, que captan a luz para facer a fotosíntese, e halorrespiradores anaerobios, que usan como fonte de enerxía compostos haloxenados orgánicos (como etenos clorados tóxicos e bifenilos policlorados).
A maioría dos Chloroflexi son monodermos e na maior parte dos casos gramnegativos. Nisto diferénciase doutros grupos de bacterias que son didermos gramnegativos, coa excepción de Firmicutes (grampositivos con baixo GC), Actinobacteria (grampositivos con alto GC) e o grupo Deinococcus-Thermus (grampositivo, pero didermos cunha grosa capa de peptidoglicano).[1]
O xénero tipo do grupo Chloroflexus ten un metabolismo moi versátil. É termófilo, fotosintético anoxixénico (é dicir, que non desprende oxíxeno da fotosíntese, na que en vez de auga usa H2S ou H2), é fotoheterótrofo, aínda que tamén pode usar CO2 polo ciclo do hidroxipropionato (en vez de polo ciclo de Calvin), e na escuridade pode crecer tamén como quimioorganótrofo que respira aeróbicamente. Contén bacterioclorofila c e clorosomas. O seu fototrofismo considérase ancestral.[2] Os xéneros das distintas clases teñen características bastante diferentes.