Cohiba | |
---|---|
Tipo | marca rexistrada |
Data de fundación | 1966 |
Na rede | |
http://www.habanos.com/es/marcas/cohiba | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Cohiba é unha marca de cigarros puros cubanos. Adoita obter as puntuacións máximas nas competicións internacionais. Cohiba foi orixinalmente unha marca privada que subministraba exclusivamente a Fidel Castro e a altos cargos do goberno cubano e oficiais do partido comunista. A miúdo ofrecidos como regalo diplomático, a marca Cohiba desenvolveu un status de "culto". Foi lanzada comercialmente para a venda ao público en 1982.