Coryphodon Rango fósil: Paleoceno recente a Eoceno medio | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() | |||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||
| |||||||||||||
Especies | |||||||||||||
|
Coryphodon é un xénero extinto de mamíferos pantodontos. Coryphodon posuía un estilo de vida semi-acuático, semellante ó do hipopótamo, xa que vivía nos pantanos. Era un herbívoro con corpo baixo de constitución robusta, con grandes dentes caninos e dentes posteriores con cúspides. Tiña o seu hábitat na rexión holártica hai entre 59 e 51 millóns de anos.
Debido a converxencia evolutiva ó ocupar o seu mesmo nicho ecolóxico era tamén moi semellante ós dinocerados Prodinoceras e Probathyopsis de América do Norte e ó meridiungulado Carodnia, cos que non estaba emparentado.