Cynoglossus | |||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Cynoglossus canariensis | |||||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||||||||||
|
Cynoglossus é un xénero de peixes teleósteos da orde dos pleuronectiformes, suborde dos pleuronectoideos, familia dos cinoglósidos e subfamilia dos cinoglosinos.[1]
A familia comprende numerosas especies, as máis delas propias dos mares da rexión Indo-Pacífica, pero algunhas tamén habitan nalgunhas augas cálidas do Atlántico oriental.[2]
Encóntranse comunmente en augas pouco profundas sobre fondos areosos ou lamacentos, incluíndo estuarios, e mesmo algunhas especies están restrinxidas cursos de auga doce.[2]
A especie máis grande alcanza os 66 cm de lonxitude.[2]