Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | País Vasco | ||||
Provincia | Guipúscoa | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 62.735 (2023) | ||||
Debagoiena (Alto Deba en galego) é unha comarca do interior de Guipúscoa, en Euskadi. Atópase no extremo suroeste da provincia, no límite con Biscaia e Áraba, e ocupa a parte alta da conca do río Deba.
Limita polo norte coa comarca de Debabarrena, polo leste coa de Urola Garaia, polo sur coa cuadrilla arabesa de Zuia e polo oeste coa comarca biscaíña de Durangaldea.
É unha comarca fortemente industrializada e nela ten a súa sede central o movemento cooperativista vasco. Atópase a sede central de Mondragón Corporación Cooperativa, da Euskadiko Kutxa, da Universidade de Mondragón, así como de moitas empresas do grupo con Fagor á cabeza.