Decumano

Decumanus maximus da antiga urbe romana de Palmira, Siria. Obsérvese a dirección leste - oeste pola sombra da luz solar (cara ao nordeste, o que indica a posición do sol en horas da tarde, cara ao suroeste).

Decumano (en latín, decumanus) é un termo empregado na planificación urbanística no Imperio romano. Indica unha rúa con orientación leste-oeste tanto nunha cidade romana coma nun campamento militar ou nas colonias. O decumano principal era o Decumanus maximus, que se cruzaba perpendicularmente co Cardus Maximus, a outra rúa principal.

A palabra ten a súa orixe na liña que trazaban os augures de leste a oeste cando realizaban os auspicios durante a fundación dunha cidade. Nos campamentos, o decumano adoitaba conectar dúas portas: a Praetoria (a máis próxima ao inimigo) e a Decumana, no extremo oposto. Nesta vía situábanse os mercadores, sendo o centro comercial da cidade.

Aínda que orixinalmente o foro se situaba nun extremo do Cardo ou do Decumano xunto á muralla que rodeaba a cidade ou fóra dos mesmos (de onde vén a denominación de foro, é dicir, fóra do casco urbano), co tempo situouse na intersección do Cardus Maximus co Decumanus Maximus, onde se veu a construír esta praza que, a partir da Idade Media, converteuse na área do mercado, denominación que aínda se mantén (pode usarse o termo praza co significado de mercado).


Decumano

Dodaje.pl - Ogłoszenia lokalne