Biografía | |
---|---|
Rei dos suevos | |
583 – 584 ← Miro – Andeca → | |
Actividade | |
Período de actividade | - 584 |
Familia | |
Pais | Miro e Siseguntia |
Eborico ou Eurico (583-584) foi un rei suevo de Galicia[1]. Sucedeu ao seu pai Miro trala súa morte. Forzado polo acoso militar viuse obrigado a asinar un pacto no que recoñecía a superioridade política do rei visigodo Leovixildo, provocando a sublevación de parte da aristocracia galaico-sueva encabezada polo nobre Andeca que non debeu aceptar submisión algunha a Toledo. Por este motivo, Eborico foi apresado e encarcerado nun mosteiro. Derrocado, Andeca casou pola forza coa raíña (talvez a viúva de Miro ou a esposa de Eborico) proclamándose novo rei de Galiza.
Eurichus (...), regnum Galliciensim suscepit