As referencias deste artigo non teñen un formato correcto. Podes colaborar editándoas como se indica nesta páxina. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Eisteddfod | |
---|---|
Propósito | Promover e celebrar a literatura, música e arte galesas, e preservar a lingua galesa e cultura galesas. |
Data de fundación | 1176 |
País | Gales |
[ editar datos en Wikidata ] |
Eisteddfod é un festival de poesía e música.[1] O termo provén dos lexemas galeses: eistedd ('sentar'), e fod ('ser'),[2] e significa "sentar xuntos"; H. T. Edwards define a forma antiga do mesmo como unha reunión competitiva entre bardos e xograres, na que o gañador era elixido por un patrón nobre ou real.[3] O primeiro documentado foi convocado por Rhys ap Gruffudd no Castelo de Aberteifi en 1176. Porén, a conquista inglesa de Eduardo I, o peche das escolas bardas e a anglicización da nobreza fixeron que caese en suspenso.
O formato actual débese a un rexurdimento no século XVIII promovido pola Gwyneddigion Society de Londres, despois cooptado pola Gorsedd Cymru, sociedade secreta fundada por Iolo Morganwg cuxas crenzas eran un composto de cristianismo e druidismo, filosofía e misticismo.[4]:191 Evans-Jones, de nome bardo Cynan (nome de reis galeses como Cynan Garwyn), poeta, ministro presbiteriano e Archdruid, creou novos rituais para os Gorsedd e Eisteddfod, baseados en crenzas cristiás galesas máis que no neodruidismo. Despois dunha iniciación aos Gorsedd en 2002, Marcus Tanner escribiu que parecía "extraído d'O Señor dos Aneis".[4]:189
A pesar das influenzas druídicas e da natureza ficticia das doutrinas e cerimonias, tanto o Gorsedd como o eisteddfod foron aceptados e espallados polo clero anglicano e inconformista. O rexurdimento foi un factor principal na supervivencia da lingua, literatura e cultura galesas após máis de oito séculos de unión política con Inglaterra.
Desde o seu rexurdir no s. XVIII, a tradición foi levada fóra de Gales pola diáspora. Os eisteddfodau (plural) de hoxe son unha mestura de feira renacentista, festival celta, musical, literario e exposición suprema da cultura galesa.[5] Ás veces o termo úsase para concursos que non teñen que ver coa cultura galesa, e tamén se adaptou como parte da loita para preservar outras linguas minorizadas como o irlandés, o córnico, o bretón, o gaélico escocés ou o jèrriais.
<ref>
non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome Davies2015
<ref>
non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome Tanner
<ref>
non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome Morris