Embrace | |
---|---|
Orixe | Washington, D.C., Estados Unidos |
Período | 1985 - 1986 |
Xénero(s) | hardcore punk, post-hardcore, emo |
Selo(s) discográfico(s) | Dischord Records |
Membros | Ian MacKaye Michael Hampton Ivor Hanson Chris Bald |
Na rede | |
Embrace foi unha banda de curta vida de post-hardcore procedente de Washington, D.C., activa dende o verán de 1985 ata a primavera de 1986.[1] Xunto con Rites of Spring e Beefeater, foi un dos artistas principais do movemento Revolution Summer de 1985,[2] e trátase du dos primeiros grupos en ser etiquetados pola prensa como emotional hardcore,[1][3] aínda que os seus membros rexeitaron ese termo dende a súa creación.[3][4][5] A banda incluía a Ian MacKaye de Minor Threat e a tres antigos membros do grupo do seu irmán Alec, The Faith: o guitarrista Michael Hampton, o batería Ivor Hanson e o baixista Chris Bald.[1][4] Hampton e Hanson tamén tocaran xa anteriormente xuntos en S.O.A.[6]
A banda realizou o seu primeiro concerto o día 28 de xullo de 1985 no Food for Thought, un antigo restaurante e sala de concertos situada en Dupont Circle, en Washington, D.C.[7] O seu noveno e derradeiro concerto foi no 9:30 Club en marzo de 1986.[7] As únicas gravacións realizadas polo cuarteto foi un álbum auto-titulado e un sinxelo.
Despois da separación de Embrace, MacKaye reuniuse co antigo batería de Minor Threat Jeff Nelson para formar Egg Hunt. Bald entrou na banda Ignition, e o batería Ivor Hanson xuntouse con Hampton novamente en 1992 en Manifesto.