Unha enamina, en química orgánica, é un composto coa estrutura xeral R2C=CR-NR2.[1]
A palabra "enamina" deriva do afixo en (usado como sufixo característico dos alquenos, indicando dobre enlace), e a raíz amina. Esta denominación pode compararse coa dun enol (en de alqueno + ol de alcohol). De feito, as enaminas poden considerarse como os análogos con nitróxeno dos enois.[2]