Endrina

Endrina
Identificadores
Número CAS 72-20-8
ChemSpider 21782117
UNII OB9NVE7YCL
KEGG C18124
Imaxes 3D Jmol Image 1
Propiedades
Fórmula molecular C12H8Cl6O
Masa molar 380,91 g mol−1
Punto de fusión 200 °C (descomponse)
Perigosidade
NFPA 704
0
2
0
Punto de inflamabilidade incombustible
LD50 3 mg/kg (oral, mono)
16 mg/kg (oral, coello de indias)
10 mg/kg (oral, hámster)
3 mg/kg (oral, rata)
7 mg/kg (oral, coello)
1.4 mg/kg (oral, rato)[1]

Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa.

A endrina[2] (ou o endrín ou Endrin) é un composto organoclorado artificial producido inicialmente en 1950 polas compañías Shell e Velsicol Chemical Corporation, que foi usado principalmente como insecticida, e tamén como rodenticida. É un sólido inodoro e incoloro, aínda que as mostras comerciais son xeralmente de cor abrancazada. A endrina tamén se vendeu en forma de solución emulsionable comercializada co nome Endrex. O composto endrina fíxose tristemente famoso por ser un contaminante orgánico persistente e por esa razón está prohibido en moitos países.[3][4] Non está clasificado como mutáxeno ou carcinóxeno, pero si como composto tóxico.[5]

Cando chega ao medio ambiente a endrina aparece como aldehido ou cetona de endrina e pode encontrarse principalmente en sedimentos de fondo ou corpos de auga.[6][7] A exposición á endrina pode ocorrer por inhalación, inxestión de substancias que a conteñan, ou contacto coa pel.[6] Unha vez que entra no corpo, almacénase nas graxas corporais e pode actuar como neurotoxina sobre o sistema nervioso central, o cal pode causar convulsións, ataques epilépticos, ou mesmo a morte.[8]

  1. "Endrin". Immediately Dangerous to Life or Health Concentrations (IDLH). National Institute for Occupational Safety and Health (NIOSH). 4 December 2014. Consultado o 19 March 2015. 
  2. PRTR España Endrina - ENDRÍN
  3. The National Poison Centre. "Poison Control: Dangers of 'persistent organic pollutants' in the environment". Arquivado dende o orixinal o 20 de xaneiro de 2008. Consultado o 09 de outubro de 2013. 
  4. Robert L. Metcalf “Insect Control” in Ullmann’s Encyclopedia of Industrial Chemistry” Wiley-VCH, Weinheim, 2002. doi 10.1002/14356007.a14_263
  5. "Endrin (CASRN 72-20-8)". Integrated Risk Information System. United States Environmental Protection Agency. September 1988. Consultado o March 2015. 
  6. 6,0 6,1 "Toxicological Profile for Endrin" (PDF). Agency for Toxic Substances and Disease Registry. United States Department of Health and Human Services. August 1996. Consultado o March 2015. 
  7. Berry, Walter (August 2003). "Procedures for the Derivation of Equilibrium Partitioning Sediment Benchmarks (ESBs) for the Protection of Benthic Organisms: Endrin" (PDF). EPA: Office of Research and Development. 
  8. "Some Acute and Chronic Effects of Endrin on the Brain" (PDF). Federal Aviation Administration: Office of Aviation Medicine. July 1970. Consultado o 14 March 2015. 

Endrina

Dodaje.pl - Ogłoszenia lokalne