Epsilonproteobacterias | |||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|
Campylobacter | |||||||
Clasificación científica | |||||||
| |||||||
Ordes | |||||||
Sinonimia | |||||||
|
As epsilonproteobacterias ou Epsilonproteobacteria (tamén escrito epsilon-proteobacterias e modernamente clasificadas co nome sinónimo Campylobacterota) é un grupo de bacterias gramnegativas que se consideran unha clase dentro do filo das Proteobacteria.[1]
As Epsilonproteobacteria comprenden poucos xéneros, principalmente os xéneros curvos ou espiriloides Wolinella spp., Helicobacter spp., e Campylobacter spp. A maioría das especies coñecidas habitan no tracto dixestivo de animais e son simbiontes (Wolinella spp. na vaca) ou patóxenos (Helicobacter spp. no estómago, Campylobacter spp. no duodeno).
Ademais foron recollidas numerosas secuencias de Epsilonproteobacteria en mostras procedentes de hábitats de chemineas hidrotermais e de fontes de emanacións frías gasosas. Un membro da clase é un endosimbionte das grandes branquias do caracol mariño Alviniconcha hessleri.[2]
Con frecuencia as epsilonproteobacterias que viven en chemineas hidrotermais abisais mostran características metabólicas quimiolitótrofas, e poden satisfacer as súas necesidades enerxéticas reducindo ou oxidando compostos químicos.[3]