Os espermatocitos[1] son un tipo de gametocito masculino dos animais. Derivan de células xerminais inmaturas chamadas espermatogonias. Encóntranse nos testículos nunha estrutura chamada túbulos seminíferos.[2] Hai dous tipos de espermatocitos: primarios e secundarios. Os espermatocitos primarios son células diploides que se forman a partir de espermatogonias polo proceso mitótico da espermatocitoxénese. Os espermatocitos primarios sofren a primeira división meiótica dando lugar a espermatocitos secundarios haploides con cromosomas de dúas cromátides. Despois, os espermatocitos secundarios realizan a segunda división meiótica orixinando espermátides haploides con cromosomas dunha cromátide.[3][2]
En todos os animais os machos producen espermatocitos, incluso en animais hermafroditas como o verme nematodo Caenorhabditis elegans, que pode existir como macho ou como hermafrodita. Nos C. elegans hermafroditas prodúcese primeiro unha produción de espermatozoides, que é almacenada na súa espermateca. Unha vez que se forman os ovos, estes poden ser autofecundados con dito esperma e producir ata 350 fillos.[4]
<ref>
non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome sperm