Os estilbenoides son derivados hidroxilados do estilbeno. Caracterízanse por posuír unha estrutura C6-C2-C6. En termos bioquímicos, pertencen á familia dos fenilpropanoides, e comparten a maior parte da súa biosíntese de vía coas chalconas.[1] Os estilbenoides son produtos secundarios do durame das árbores, e poden actuar como fitoalexinas.
Existe un estilbenoide bacteriano, o (E)-;3,5-Dihidroxi-4-isopropil-trans-estilbeno, composto producido por Photorhabdus, que é un simbionte bacteriano dos nematodos de insectos chamados Heterorhabditis.[2]
Un exemplo dun estilbenoide é o resveratrol, que se encontra nas uvas, e que se suxeriu que ten moitos beneficios para a saúde.[3]
As formas oligoméricas destes compostos coñécense como oligoestilbenoides.