Our website is made possible by displaying online advertisements to our visitors.
Please consider supporting us by disabling your ad blocker.

Responsive image


Eurypterus

Eurypterus
Rango fósil: Silúrico, 432 Ma-418,1 Ma

Fósil da especie tipo E. remipes visto desde arriba, Museo Xeomineiro, España
Clasificación científica
Dominio: Eukaryota
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Subfilo: Chelicerata
Orde: Eurypterida
Superfamilia: Eurypteroidea
Familia: Eurypteridae
Xénero: Eurypterus
De Kay, 1825
Especie tipo
Eurypterus remipes
De Kay, 1825
Especies

Ver texto

Sinonimia

Baltoeurypterus Størmer, 1973

Eurypterus é un xénero extinto de artrópodos euriptéridos, un grupo de organismos comunmente chamados "escorpións de mar". O xénero viviu durante o Silúrico, hai entre 432 e 418 millóns de nos. Os Eurypterus son con gran diferenza os euriptéridos mellor estudados e máis coñecidos. Os espécimes fósiles de Eurypterus probablemente representan máis do 95% de todos os espécimes de euriptéridos coñecidos.[1]

O xénero comprende 15 especies, a máis común das cales é E. remipes, o primeiro euriptérido fósil descuberto, atopado no estado de Nova York.

Os membros de Eurypterus medían como media de 5 a 9 cm de lonxitude, pero o individuo máis grande descuberto estímase que era de 60 cm de longo. Todos posuían apéndices que levaban espiñas e un gran par de apéndices con forma de pa ou remo usados para nadar. Eran especies xeneralistas, que con igual probabilidade podían depredar que alimentarse de prea.

  1. O. Erik Tetlie (2007). "Distribution and dispersal history of Eurypterida (Chelicerata)" (PDF). Palaeogeography, Palaeoclimatology, Palaeoecology 252 (3–4): 557–574. doi:10.1016/j.palaeo.2007.05.011. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 2011-07-18. 

Previous Page Next Page






عريضة الأجنحة Arabic Eurypterus Catalan Eurypterus English Eurypterus Spanish پهن‌بال FA Eurypterus Finnish Eurypterus French יוריפטרוס HE Eurypterus ID Eurypterus Italian

Responsive image

Responsive image