Our website is made possible by displaying online advertisements to our visitors.
Please consider supporting us by disabling your ad blocker.

Responsive image


Eustatismo

O eustatismo é a variación do nivel do mar respecto aos continentes, supostamente inmóbiles.

O fenómeno pode ter varias causas. A principal reside nas variacións que pode experimentar o volume total das augas contidas polas cuncas oceánicas, por mor dos cambios climáticos, especialmente os máis importantes e de longo período, representados pola alternancia das glaciacións e interglaciares. O exemplo da glaciación de Würm é revelador: durante ese período a masa das augas marítimas evaporadas e paseniñamente conxeladas sobre os continentes fixo baixar o nivel dos mares nuns 120 m. A ese glacioeustatismo poden sumarse os efectos do termoeustatismo: o arrefriamento das augas marítimas provoca a súa contracción en proporcións considerábeis, xa que 1 °C en máis ou en menos da temperatura media dos mares provoca, respectivamente, unha elevación ou un descenso de 2 m. do seu nivel xeral.

Tamén existe un eustatismo diastrófico, debido ás deformacións tectónicas das cuncas dos océanos tralo fenómeno xeofísico do diastrofismo. Así é como a elevación dunha cordilleira submarina desaloxa un volume similar de auga por enriba do nivel anterior.


Previous Page Next Page






Eustatisme Catalan Eustáze Czech Eustasie German Eŭstazio EO Eustatismo Spanish Eustatisme French Eustatismo Italian Eustasie Dutch Ruchy eustatyczne Polish Eustasia Portuguese

Responsive image

Responsive image