Our website is made possible by displaying online advertisements to our visitors.
Please consider supporting us by disabling your ad blocker.

Responsive image


Fiseteroideos

Fiseteroideos
Physeteroidea
Cachalotes

Rango fósil: oigoceno – presente

Deseño dun cachalote e o seu esqueleto
Clasificación científica
Reino: Animalia
Subreino: Eumetazoa
Superfilo: Deuterostomia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Mammalia
Subclase: Theria
Infraclase: Eutheria
Orde: Cetacea
Suborde: Odontoceti
Superfamilia: Physeteroidea
Gray, 1868
Familias

Os fiseteroideos (Physeteroidea) son unha superfamilia de cetáceos odontocetos que comprende as tres especies viventes de cachalotes: o cachalote propiamente dito, no xénero Physeter, e o cachalote pigmeo e o cachalote anano, que se inclúen no xénero Kogia.

Tradicionalmente (e algúns autores aínda o fan así) estes dopus xéneros reuníanse nunha mesma familia, d dos fisetéridos, coas dúas especies de Kogia na subfamilia dos Kogiinae, e con Physeter como único representante dos Physetyerinae'.[1]

Porén, a tendencia actual é a de situar o xénero Kogia na súa propia familia, Kogiidae, quedando Physeteridae como unha familia monotípica (cunha única especie existente).[2] Pero Wilson & Reeder, por exemplo,[3] non recoñecen a familia Kogiidae, e clasifican Physeter e Kogia na familia Physeteridae.

  1. James G. Mead e Robert L. Brownell Jr., "Order Cetacea", ens Don E. Wilson e DeeAnn M. Reeder (2005): Mammal Species of the World: A Taxonomic and Geographic Reference. Baltimore: Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8221-0. Ver en liña.
  2. "Tree of Life". Arquivado dende o orixinal o 06 de maio de 2016. Consultado o 21 de agosto de 2013. 
  3. "Wilson, D. E. & Reeder, D. M. (editores) (2005): Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference (3rd ed).". Arquivado dende o orixinal o 11 de novembro de 2012. Consultado o 21 de agosto de 2013. 

Previous Page Next Page






حيتان العنبر Arabic Fiseteroïdeus Catalan Physeteroidea English Kaĉalotedoj EO Physeteroidea Spanish شاه‌نهنگیان FA Physeteroidea French דמויי ראשתן HE Physeteroidea ID Physeteroidea Italian

Responsive image

Responsive image