O Fortuniano ou Fortuniense é un piso xeolóxico, que marca o comezo do Fanerozoico, o Paleozoico e o Cámbrico. É o primeiro dos dous pisos e idades do Terreneuviano.
A súa base defínese pola primeira aparición da pegada fósil de Trichophycus pedum, hai 541,0 ± 1,0 millóns de anos. A parte superior do Fortuniano, que é a base do piso 2 do Cámbrico, non se definiu formalmente aínda, pero correspondería á aparición dunha especie de arqueociato de hai aproximadamente 529 millóns de anos.[1]