Graccurris, Gracurris, Gracuris ou Graecuris, foi unha cidade romana que se corresponde coa actual Alfaro (A Rioxa) e foi fundada por Tiberio Sempronio Graco no 179 a. C.[1][2] sobre unha cidade ou poboado arévaco, celtibero ou vascón, chamado Ilurce ou Ilurcís,[3] para asentar a feridos romanos e indíxenas habidos durante a súa campaña contra os Celtiberos.[4] O poboado e a posterior cidade romana están asentadas sobre as denominadas Eras de la cárcel (poboado antigo) e Eras de San Martín (expansión da cidade romana), un conxunto de socalcos fluviais na proximidade do río Alhama.[2]
- ↑ Roldán Hervás & Wulff Alonso (2001), p. 124
- ↑ 2,0 2,1 Núñez (2002), p. 422
- ↑ Delgado (1876), p. 246
- ↑ Dictionary of Greek and Roman Geography (1854) William Smith, LLD, Ed. GRACCURRIS