Our website is made possible by displaying online advertisements to our visitors.
Please consider supporting us by disabling your ad blocker.

Responsive image


Griflet

Griflet (tamén coñecido como Sir Griflet le Fise, Girflet ou Jaufre) é un Cabaleiro da Táboa Redonda que aparece nas lendas artúricas. Tamén é nomeado como o fillo de Do (ou Don) e é curmán de Lucan e Bedivere.

Griflet aparece por primeira vez como escudeiro converténdose nun dos primeiros aliados do Rei Artur. Cando é nomeado cabaleiro é tamén un dos primeiros en se converter en Cabaleiro da Táboa Redonda. Tamén é o xefe dos conselleiros de Artur durante toda a súa vida e de acordo co Ciclo de Lancelot-Graal, foi un dos poucos superviventes da Batalla de Camlann, sendo o cabaleiro ó que Artur pide que devolva a espada Excalibur á Dona do Lago.

En cambio, na obra Le Morte D'Arthur, Griflet é un dos cabaleiros asasinados defendendo a execución da raíña Xenevra cando esta é rescatada por Lanzarote do Lago.


Previous Page Next Page






Sir Griflet German Γκρίφλετ Greek Griflet English Sir Griflet le Fise Spanish Girflet French Griflet Italian グリフレット Japanese Girflet Polish Griflet SH

Responsive image

Responsive image