Our website is made possible by displaying online advertisements to our visitors.
Please consider supporting us by disabling your ad blocker.

Responsive image


Griot

Un griot nixeriano.

O griot ou jeli (djeli ou djéli en francés) é unha figura tradicional de África Occidental encargado de narrar historias. Constitúe unha síntese de cantante e poeta de carácter ambulante, e que está considerado como o depositario da tradición oral destes pobos. Malia que os griots deben memorizar sen erros moitas cancións e tradicións populares, teñen a habilidade de traducilos a contextos contemporáneos.[1]

Os griots esténdense por varios países de África Occidental: Malí, Gambia, Guinea, Sáhara Occidental e o Senegal, e están presentes entre os pobos Mande (Mandinka, Malinké, Bambara etc), Fulɓe (Fula), hausa, songhai, Tukulóor, wólof, Serer, mossi, Dagomba, árabes mauritanos e outros grupos menores. O termo «griot» provén probablemente da transliteración ao francés, «guiriot», da palabra galego-potuguesa «criado».[2]

  1. Goethe Institute (ed.). "Os Griots de África Oriental: moito máis que contadores de historias.". Consultado o 23 de outubro de 2015. 
  2. Baba, the story-teller. (ed.). "Origin of the Word Griot.". Consultado o 23 de outubro de 2015. 

Previous Page Next Page






Гриот Bulgarian Jèli BM Griot Catalan Griot Czech Griot German Griot English Griot Spanish Griot EU Griootti Finnish Griot French

Responsive image

Responsive image