Os hacrobios ou Hacrobia é un grupo de organismos que agrupa ás haptófitas e ás criptomónadas (ou criptófitas), que se considera monofilético.[1][2] Os Hacrobia formaban parte de Chromalveolata. Os Hacrobia non están incluídos no supergrupo SAR. Para denominar ao grupo formado polas haptófitas e as criptomónadas propuxéronse varios nomes, o máis usado é Hacrobia (derivado de "ha-" que se refire ás haptófitas, "-cr-" que se refire ás criptomónadas, e "-bia" que significa vida);[1] outra denominación é CCTH (das iniciais de Cryptophyta, Centrohelida, Telonemia e Haptophyta);[3] e outro é "Eukaryomonadae".[4]
Aínda que o grupo se presentou como monofilético, actualmente (ano 2012), non está claro se o grupo é realmente monofilético ou non, e os resultados dos estudos filoxenéticos "dependen a miúdo da selección dos taxons e do conxunto de datos de xenes" estudados.[3] Dous estudos do ano 2012 deron lugar a resultados opostos.[3][5]
"A monofilia deste grupo está apoiada por varios diferentes conxuntos de datos moleculares e filoxenéticos e unha transferencia lateral de xenes compartida; por tanto, establecemos formalmente este clado diverso como 'Hacrobia'" (Orixinal: "The monophyly of this group is supported by several different molecular phylogenetic datasets and one shared lateral gene transfer; therefore, we formally establish this diverse clade as the 'Hacrobia.'")