Hidroidolinos

Hidroidolinos
Hydroidolina

Lámina de sifonóforos de Ernst Haeckel
en Kunstformen der Natur (1904)
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Cnidaria
Clase: Hydrozoa
Subclase: Hydroidolina
Collins, 2000
Ordes
Véxase o texto
Sinonimia
Véxase o texto
Hydra vulgaris

A dos hidroidolinos (Hydroidolina) é unha subclase de cnidarios da clase dos hidrozoos.[1][2]

Inclúe as hidras, as hidromedusas e varios organismos mariños afíns, algúns dos cales (os pertencentes á familia dos milepóridos) que crecen en grandes e elegantes colonias de pólipos formadores de arrecifes coralinos, xa que son corais hermatípicos.

Comprende o groso dos parafiléticos "Hydroida", que foron unha das principais agrupacións da clase dos hidrozoos en clasificacións máis antigas. Inclúe, con todo, as colonias altamente avanzadas dos sifonóforos, que non foron incluídas nos "Hydroida".[3]

Nos hidroidolinos adoita predominar a fase de pólipo, e as colonias acostuman seren polimórficas e dioicas; todos os pólipos dunha colonia proveñen, por reprodución asexual (xemación), dun só pólipo proxenitor.

En moitos casos, as medusas non chegan a separarse da colonia, quedando reducidas a gonóforos ou esporosacos.

  1. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome W
  2. Hydroidolina no ITIS.
  3. Peter Schuchert (2005). "Hydrozoan Phylogeny and Classification". The Hydrozoa Directory. Consultado o 29 de agosto de 2020. 

Hidroidolinos

Dodaje.pl - Ogłoszenia lokalne