A molécula de adhesión intercelular 1, abreviada como ICAM-1 (do inglés Intercellular adhesion molecule 1), tamén chamada CD54, é unha proteína que nos humanos está codificada no xene ICAM1 do cromosoma 19 (símbolo aprobado do HGNC).[1] Este xene codifica unha glicoproteína da superficie celular que se expresa nas células endoteliais e células do sistema inmunitario. Únese a integrinas de tipo CD11a / CD18, ou CD11b / CD18 e tamén é aproveitada polos rinovirus como receptor para a súa entrada no epitelio respiratorio.[2]
- ↑ Katz FE, Parkar M, Stanley K, Murray LJ, Clark EA, Greaves MF (Jan 1985). "Chromosome mapping of cell membrane antigens expressed on activated B cells". European Journal of Immunology 15 (1): 103–06. PMID 3871395. doi:10.1002/eji.1830150121.
- ↑ "Entrez Gene: intercellular adhesion molecule 1".