Yubitsume (Xaponés 指詰め, literalmente, "acurtamento de dedo") é un ritual xaponés para compensar polas ofensas feitas a alguén, unha forma de ser castigado ou de desculparse sinceramente ante alguén, mediante a auto amputación de seccións do dedo maimiño dun. É un ritual practicado case con exclusividade pola Yakuza, a mafia xaponesa.
O acto de realizar o yubitsume é chamado yubi o tobasu, que significa "fixo saltar o seu dedo".