Korarqueotas | |||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|
Micrografía electrónica de varrido dun cultivo feito a partir dunha mostra obtida da Poza de Obsidiana de Yellowstone. | |||||||
Clasificación científica | |||||||
| |||||||
Especies | |||||||
| |||||||
Sinonimia | |||||||
|
Os korarqueotas (Korarchaeota) son un filo de arqueas.[1] O nome procede do xénero principal do grupo Korarchaeum. Tamén se lles ten chamado Xenarchaea e Xenarchaeota.
Foron descubertas a partir de mostras de secuencias xenómicas de ARNr 16S recollidas en ambientes naturais e non se puideron cultivar. As Korarchaeota só se atoparon en ambientes hidrotermais de altas temperaturas. Parece que se diversificaron a diferentes niveis filoxenéticos de acordo coa temperatura, salinidade das augas, e xeografía.[2] Son pouco abundantes na natureza.[2][3][4] Os procesos metabólicos de Korarchaeota, incluíndo como conseguen enerxía e obteñen o carbono, son descoñecidos. A análise das súas secuencias de ARNr 16S suxire que estas especies non forman parte dos dous principais grupos de arqueas, Crenarchaeota e Euryarchaeota [5]. Parece que son un grupo basal de arqueas, xa que teñen características tanto de Crenarchaeota coma de Euryarchaeota. O xenoma de Korarchaeum cryptofilum, que foi enriquecido a partir de cultivos mixtos, foi secuenciado e as súas características apoian a hipótese de que se ramificaron moi cedo do resto.[6].