Our website is made possible by displaying online advertisements to our visitors.
Please consider supporting us by disabling your ad blocker.

Responsive image


Leedsichthys

Leedsichthys
Rango fósil: Calloviense/Kimmeridgiense - Xurásico

Un Leedsichthys de doce metros de longo comparado cun ser humano.
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Actinopterygii
Orde: Pachycormiformes[1]
Familia: Pachycormidae
Xénero: Leedsichthys
Especie: †L. problematicus
Nome binomial
Leedsichthys problematicus
Woodward, 1889

Leedsichthys é un xénero extinto de Pachycormidae, unha familia de peixes óseos do Mesozoico, que viviu nos océanos do período Xurásico medio.[2]

Os primeiros restos de Leedsichthys foron identificados no século XIX. Especialmente importantes foron os achados realizados polo coleccionista británico Alfred Leeds, do cal deriva o nome do xénero ("peixe de Leeds") en 1889. A especie tipo é Leedsichthys problematicus. Os fósiles de Leedsichthys atopáronse en Inglaterra, Francia, Alemaña e Chile. Os restos chilenos, descubertos en 1999, foron a base para describir unha segunda especie, Leedsichthys notocetes, pero máis tarde mostrouse que esta era indistinguible de L. problematicus.

Xunto cos seus parentes próximos, os paquicórmidos Bonnerichthys e Rhinconichthys, Leedsichthys forma parte dunha liñaxe de grandes peixes filtradores que nadaron nos mares do Mesozoico por preto de 100 millóns de anos, dende o Xurásico Medio até o final do período Cretáceo. Os paquicórmidos poden representar unha póla temperá dos Teleostei, o grupo ó cal pertencen a maioría dos peixes óseos; nese caso Leedsichthys é o maior peixe teleósteo coñecido.

  1. Wiley. "Phylum Chordata" (PDF). p. 100. Consultado o 11 de abril de 2009. 
  2. Liston, 2004

Previous Page Next Page






الليدزيشثيس Arabic Leedsichthys Czech Λιντσίχθυς Greek Leedsichthys English لیدزماهی FA Leedsichthys Finnish Leedsichthys French לידסיכתיס HE Leedsichthys Hungarian Leedsichthys ID

Responsive image

Responsive image