A maza[1], clava ou mangual é unha arma empregada en batallas en Europa desde a Idade Media ao Renacemento, unha versión do mallo agrícola, que nalgunhas linguas mesmo se chaman igual (en particular Lindley Cintra recolle o termo mangual nos seus estudos dialectais do galego-portugués[2] e en dicionarios modernos de portugués aparece con ambos significados[3]). Este bastón compleméntase cun pau de man e unha bola de punta afiada unida a unha cadea.